miércoles, 20 de febrero de 2013

EXIPTO

Ola de novo! Como xa sabedes estamos a traballar sobre exipto e na clase estamos facendo unhas momias e un sarcofago. Mirade como o facemos.

FELICIDADES CLAUDIA E NURIA!

Moitas felicidades para as nosas compañeiras que cumpliron 6 anos o mesmo día.

ENTROIDO

Con un pouco de retraso aquí temos as fotos do entroido. Estamos tamén xuntando os diferentes vídeos do baile que fixemos para poder poñer ainda que sexa un anaquiño do ben que o fixemos. En canto poida poñereino no blog. Ah! como vos tamén tedes fotos os que queirades podedesmas deixar para que as compartamos aquí. Un saúdo.

O AVÓ DE GUILLE CONTOUNOS UN CONTO

Ola familias! Hoxe foi un gran día para todos nos; Toño, o avó de Guille veu ao cole para contarnos un conto que nos encantou a todos/as. Falounos dunha historia fantástica e moi emocionante sobre un neno que era pescador o que lle acontecián moitas aventuras. Os cangrexos e os pingüinos pasámolo en grande como podedes ver nas seguintes imaxes... Estamos moi agradecidos de que Toño nos visitase hoxe e esperamos que repita para vir a contarnos outro deses fantasticos contos. MOITAS GRACIAS TOÑO! E os demais xa sabedes...apuntádevos a pasar un ratiño divertido con todos nos.