Ola a todos e a todas! Como xa sabedes este trimeste aprendemos moitas cousas sobre a Prehistoria e fixemos moitas actividades que nos axudaron a coñecer máis cousas dos primeiros homes e mulleres que habitaron a Terra.
Aínda que fixemos máis cousas, aquí recollemos algunhas para que vexades canto traballamos.
Fixemos unha cova no pasillo e nela poidemos realizar diferentes pinturas rupestres...
Visitamos un castro que fixeron os nosos compañeiros de 3º de primaria...
Fixemos unha palloza...
E visitáronnos uns homes e unhas mulleres da prehistoria. A ver se coñecedes algún!
jueves, 20 de diciembre de 2012
FELICIDADES LUIS!
Este mércores festexamos o quinto cumpreanos de Luis, aínda que faltan uns días para que os cumpra. É o noso compañeiro máis novo.
Preparádevos, en xaneiro comezamos a cumprir 6. Xa somos mozos e mozas! Como pasa o tempo.

POSTAIS DE NADAL
Boas familias!
Como tódolos anos na nosa clase fixemos unhas postais de Nadal para colaborar coa campaña que se leva a cabo nos comercios do concello de Arteixo.
Este ano non nos facilitarón a información sobre onde se iban a exponer as da nosa clase pero hoxe confirmoume María, a nai de Nuria, que as podedes atopar repartidas entre a cafetería "Pasatiempo" e "Nattex".
Ah! como non sabedes como son aquí vos deixo unha copia un pouco ampliada.

domingo, 9 de diciembre de 2012
CHEGOU O NADAL!
Ola a todos e a todas. Xa case estamos en nadal e no cole empezamos a facer algunha cousiña. Nos próximos días iremos ensinando algo do que facemos, polo momento deixamos unha imaxen que nos vai preparando....
O RÍO MANDEO
Ola familias!
Despois dalgún tempo xa podo actualizar o noso blog. Pídovos disculpas pola tardanza pero non tiña o ordenador para poder colgar cousas.
Bueno, fai uns días visitáronnos uns mozos que nos contarón moitas cousas sobre o río Mandeo. Fixemos con eles algunhas actividades moi chulas.
Aquí deixamos algunhas fotos para que vexades como nos contaron o conto que levamos para as nosas casas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)